Publicador de contidos

Publicador de contidos

Míchel Alonso: "A predisposición é excelente, estou moi contento"

Míchel Alonso: "A predisposición é excelente, estou moi contento"

É a terceira etapa do ferrolán á fronte do primeiro equipo

G24.gal 09/01/2026 12:50 Última actualización 09/01/2026 13:29

Míchel Alonso toma os mandos do Rácing Club Ferrol de maneira temporal na que é a súa terceira etapa á fronte do primeiro equipo. O ferrolán, que hai pouco máis dunha semana poñíase á fronte do xuvenil A para tratar de reconducir a súa crítica situación en División de Honra e debutaba con derrota fronte ao Arousa (2-0) e tamén se integraba como analista dentro da estrutura da dirección de fútbol, toma o temón polo menos ata que, apuntou o cadro naval nun comunicado, "ata que se concrete a incorporación do adestrador que se poñerá á fronte da escuadra verde en substitución de Pablo López".

Míchel acepta a súa condición de adestrador temporal e recoñece que non ten moito tempo para preparar o partido ante o filial do Athletic de Bilbao.

"Teño que ser coherente co tempo que teño para facer cousas. A predisposición é excelente. Estou moi contento"

Alonso, que deixou o Arousa o pasado febreiro tras seis xornadas consecutivas sen gañar en Terceira RFEF, xa sabe o que é sentar no banco da Malata case no ecuador do campionato. Esta será a terceira ocasión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade