Pedro Costa: "O cine pode ser unha máquina represora"

Canción de Pedro Costa é unha exposición coproducida pola Fundación Luís Seoane da Coruña e La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona 

Céntrase na utilización que Costa fai do rostro, a voz e a canción como sinais de identidade das persoas

A preferencia polos personaxes caboverdianos supón un rexeitamento da posición metropolitana dentro da estrutura colonial que define o pasado inmediato de Portugal

G24.gal 04/12/2023 14:29 Última actualización 04/12/2023 16:44

Mergullámonos na Canción de Pedro Costa. Na Fundación Luís Seoane da Coruña, unha exposición explora o cinema do director portugués a través das facianas, a voz e as cancións dos seus personaxes. Gran parte das imaxes proceden de barrios marxinais de Lisboa a que a cámara do cineasta se achega cunha ollada que quere ser decente.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade