Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os apicultores galegos lanzan un SOS

Os apicultores galegos lanzan un SOS

Denuncian que o que lles pagan polo mel non lles chega para cubrir os custos de produción

Este xoves, día 9, maniféstanse ante a sede do Ministerio de Agricultura

G24.gal 06/03/2023 13:05

Os produtores de mel din que están pasando por unha situación dramática. Subíronlles todos os custos de produción, especialmente os produtos para envasar, e a eles páganlles un 20 % menos. 

Tamén piden frear a entrada de mel doutros países cunha etiquetaxe insuficiente e a un prezo moito máis barato.

Este xoves van esixir medidas inmediatas ante o Ministerio de Agricultura, como axudas directas. Do contrario, din, desaparecerán moitas explotacións profesionais, por non poder manterse. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade