Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os accidentes seguen a producirse a diario na A-55, aínda que menos graves

Os accidentes seguen a producirse a diario na A-55, aínda que menos graves

A maior cantidade dos sinistros rexístranse ao paso desta autovía polo concello de Mos

G24.gal 11/05/2023 14:35

En menos de trinta minutos e nun tramo de catro quilómetros rexistráronse dous accidentes na A-55. Nun deles houbo catro feridos leves e retencións de cinco quilómetros. Son sinistros habituais nesta vía, e máis en días de chuvia.

A maior porcentaxe prodúcese á altura do concello de Mos.  Os límites de velocidade, a reparación do firme ou os radares diminuíron os accidentes e a súa gravidade. Porén para os usuarios non son as solucións.

Milleiros de condutores empregan a diario unha vía que continúa na lista das máis perigosas de España. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade