Menéndez bota as contas da salvación: "Hai que gañar nove partidos"
O Rácing recibe un Córdoba en posicións intermedias e cunha boa bagaxe como foráneo
O Rácing de Ferrol, en zona de descenso de Segunda, afronta este sábado ante o Córdoba, en posicións intermedias e cunha boa bagaxe como foráneo, unha nova oportunidade decisiva para asomar a cabeza tras un comezo irregular da etapa con Alejandro Menéndez como técnico, que acumula un triunfo e dúas derrotas.
Tras o bo inicio de Menéndez á fronte do banco, cunha vitoria contra o Levante, o conxunto verde regresou á falta de solvencia defensiva e de potencial atacante, causas detrás das que están os resultados adversos fronte a Castelló e Mirandés, este último por goleada. Menébndez xa fai números.
"Hai que gañar todo o que poidamos. Hai que gañar nove partidos. Resúmese niso".
"É un xeito de ver as cousas ben e que pode ser realidade".
Menéndez tamén fai un chamamento á afección.
"A mensaxe é que intenten axudar, os xogadores queren. É verdade que hai esa mochila que pesa polos malos resultados".
"O único xeito de saír disto é estar xuntos".
O equipo racinguista pecha con este partido unha semana de dificultades para adestrarse, xa que o mal estado do campo da Gándara obrigou a desenvolver as súas sesións en varios recintos, incluíndo complexos nos municipios veciños de Fene e Mugardos.