Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medran as vendas das bicicletas eléctricas, xa por riba das tradicionais

Medran as vendas das bicicletas eléctricas, xa por riba das tradicionais

A bicicleta segue a ser un medio de transporte ecolóxico, áxil e sustentable 

G24.gal 03/06/2022 20:30

A bicicleta é un medio de transporte universal, limpo e sustentable. Tanto na natureza ou nas contornas urbanas son cada día máis valoradas e utilizadas. Iso si, os tempos van cambiando e as bicicletas con eles.

A mobilidade urbana e a evolución deportiva foron claves neste cambio de concepto e de mentalidade sobre o uso  das bicicletas. Agora mesmo estamos no comezo dun boom de todos os vehículos eléctricos e as bicis non ían ser menos.

Nos espazos urbanos non chegamos aínda o nivel óptimo de infraestruturas que necesitamos e que teñen outros países principalmente no norte de Europa. Moita xente ademais contrapón a bici eléctrica ao deporte, nada máis lonxe da realidade.

A venda de bicicletas eléctricas supera xa as pulmonares e tradicionais de toda a vida. En pouco tempo en España os que coñecen o mercado din que mesmo as dobraran en vendas como xa sucede noutros países europeos.

En España véndense xa 250.000 bicicletas eléctricas ao ano e a tendencia grazas ás múltiples variantes que ofrece augura aínda crecementos moi considerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar