Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez promételles ás vítimas de Adamuz investigar "ata o final"

Sánchez promételles ás vítimas de Adamuz investigar "ata o final"

O Partido Popular critica a ausencia do presidente do Goberno no funeral celebrado este xoves en Huelva

(EFE/Javier Lizón)
G24.gal 30/01/2026 14:47

O presidente do Goberno abriu este venres un acto de mulleres na ONU referíndose ás vítimas do accidente de Adamuz. Prometeulles estar ao seu lado "hoxe, mañá e todo o tempo que faga falta".

Tamén puxo o foco na investigación para dar coas causas do sinistro. "O Estado non vai mirar a outro lado, vai seguir traballando, con respostas ás preguntas, chegando ata o final, con melloras en todo o que teñamos que mellorar", dixo o presidente.

Onde non estivo foi no funeral polas vítimas celebrado este xoves en Huelva, unha ausencia que lle afea o PP. Para Miguel Tellado, secretario xeral dos populares, Sánchez "preferiu esconderse na Moncloa, nin sequera tiña axenda para xustificar a súa ausencia".

A Moncloa apunta que o presidente si asistirá á homenaxe de Estado, polo momento suspendida. Óscar López, ministro para a Transformación Dixital, agarda "que se atope data en breve".

Si acudiu ao funeral a vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, que considera que o Goberno "está onde ten que estar" e que "acompañou as vítimas".

Porén, para o secretario xeral do PP, Miguel Tellado, o presidente amosou un "desprezo absoluto cara aos españois e os seus problemas" e acusouno de ser "incapaz de dar a cara e de render contas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade