Medra a preocupación polo gromo de ébola
Xa van 140 mortos e hai máis de 600 casos sospeitosos
Hai un médico americano que se infectou en África e que está ingresado en Alemaña
A OMS desbota que se poida tratar dunha pandemia global, se ben falan dun risco alto epidémico na zona do gromo da República Democrática do Congo.
O director xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus, sinalaou que "non é unha emerxencia pandémica. A OMS advirte de risco de epidemia alto a nivel nacional e rexional e baixo a nivel global" .
É o primeiro gromo que se produce desta cepa e os expertos aseguran que iso complica a situación. "Xa temos máis casos deste gromo que nos dous anteriores. Na enfermidade, nada é diferente. Pero non temos o tratamento, non temos vacina e tampouco temos aínda un diagnóstico fiable", destaca Matthew Coldiron, epidemiólogo e director médico de Médicos sen Fronteiras.
Dous meses poderían tardar en desenvolverse as vacinas para a variante do ébola deste gromo, como explica a representante da OMS na República democrática do Congo, Anne Ancia: "Estamos buscando posibles vacinas ou tratamentos dispoñibles e se algún podería usarse neste gromo, pero tardarían dous meses en estar dispoñibles".
Un médico estadounidense contaxiado no país africano foi trasladado a Berlín, onde permanece ingresado e illado para recibir tratamento. Xunto a el chegaron a Europa outras seis persoas consideradas contactos estreitos.
Son xa máis de 600 casos sospeitosos e faleceron no Congo máis de 130 persoas. A OMS declarou o domingo a emerxencia internacional e xa se enviaron subministraciós á zona para tratar os doentes e extremar as precaucións para evitar contaxios.