Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio século sen Otero Pedrayo, o patriarca das nosas letras

Medio século sen Otero Pedrayo, o patriarca das nosas letras

O 10 de abril de 1976 falecía en Ourense don Ramón, unha das grandes figuras da cultura galega

Aínda que comezou a escribir cando tiña xa case 40 anos, a súa obra é inabarcable, e quedan libros del por publicar 

G24.gal 10/04/2026 20:39 Última actualización 10/04/2026 20:57

O patriarca das Letras Galegas morreu na mesma casa de Ourense onde naceu.

"E coma sempre fun tan fino, ata non quixen molestar, e nacín nun sofá que aínda se conserva", dicía Otero Pedrayo

Pero a súa residencia habitual foi o pazo de Trasalba, un dos grandes espazos simbólicos da cultura galega, coa galería que deseñou Castelao e que acolleu incontables conversas de galeguistas.

"Este Ourense que foi xentil con todos, que tivo sempre as mans e o corazón abertos a todos os forasteiros, e que só é intransixente cunha cousa: a pedantería"

Primeiro presidente da editorial Galaxia, membro destacado da Xeración Nós, foi un dos construtores da cultura galega da modernidade.
Xeógrafo apaixonado, don Ramón reservou no seu pazo un lugar preferente para o mapa de Domingo Fontán, para a nosa terra.

"Feita pola man de Deus nos grandes horizontes das montañas galegas"

Político, ensaísta, mestre, poeta e novelista, resumía as súas memorias cunha palabra.

"A melancolía"

Pero, segundo Otero Pedrayo, sempre queda a esperanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos