Cargando resultados...
McLemore irá convocado "se nos próximos dous adestramentos non ten problemas"
Mrsic conta co norteamericano malia estar investigado nos Estados Unidos por violación
G24.gal
18/04/2024 12:58
Última actualización 18/04/2024 13:04
Cinco xornadas para que remate a ACB. Cinco finais para o Río Breogán, que recibe o sábado no Pazo o Gran Canaria. O Pazo estará a rebentar e McLemore irá convocado se non hai contratempos nos últimos adestramentos da semana.
Río Breogán vén do sucedido en Baskonia. Mrsic reflexiona sobre se é un resultado asociado á sorte.
"Que é sorte? Ás veces cara e ás veces cruz. Hai que crer no traballo".
"Hai moitos últimos tiros e moitas últimas defensas".
"Pensemos que cada posesión é a última. Con esa mentalidade vainos ir mellor".
Martynas Sajus segue sen recuperarse e volverá ser unha sensible baixa.