Publicador de contidos

Publicador de contidos

Matías Vecino completa o seu primeiro adestramento co Celta

Matías Vecino completa o seu primeiro adestramento co Celta

O excentrocampista da Lazio reencontrouse en Vigo con Marcos Alonso e o porteiro romanés Ionut Radu, cos que coincidira nos vestiarios de Fiorentina e Inter de Milán

G24.gal 03/02/2026 14:27 Última actualización 03/02/2026 14:31

O internacional uruguaio Matías Vecino completou este martes o seu primeiro adestramento como futbolista do Celta, nunha sesión na cidade deportiva Afouteza na que non participou o extremo Álvaro Núñez, terceiro e ultimo reforzo invernal dos celestes.

O exfutbolista do Elx, que asinou un contrato co Celta ata 2030, chegará esta tarde ao aeroporto de Peinador, desde onde se desprazará ata A Sede para someterse ao recoñecemento médico.

Pola súa banda, Matías Vecino coñeceu esta mañá aos seus novos compañeiros e ao corpo técnico que lidera Claudio Giráldez, quen lle podería dar os primeiros minutos como celeste no partido do próximo venres ante Osasuna.

O excentrocampista da Lazio reencontrouse en Vigo con Marcos Alonso e o porteiro romanés Ionut Radu, cos que coincidira nos vestiarios de Fiorentina e Inter de Milán, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade