Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín Ochoa estréase dándolle unha vitoria balsámica ao Deportivo

Martín Ochoa estréase dándolle unha vitoria balsámica ao Deportivo

Despois de seis xornadas sen gañar, un gol do canteirán no minuto 7 deulle o segundo triunfo da temporada ao cadro deportivista

G24.gal 21/10/2023 21:02

O Deportivo rachou a serie de seis xornadas sen gañar que o levara a postos de descenso. Gañou no campo do Sabadell por 0-1 cun gol do prometedor dianteiro rioxano Martín Ochoa. Unha das perlas da canteira que anotou goles en todas as categorías e que fixo o primeiro vestindo a camisola do primeiro equipo. 

Non foi unha vitoria brillante dun Deportivo que se enfrontaba diante doutro equipo metido en problemas e que xa trocou de adestrador. Tampouco o gol temperán (minuto 7) lles serviu aos de Idiákez para acougar. 

Pero, desta volta, o desenlace foi moi diferente ao dos outros partidos. O triunfo veu para A Coruña e un equipo que precisa remontar o voo canto antes si quere ter algunha opción de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade