Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente, en semifinais da Copa de Mestres de tenis en cadeira

Martín de la Puente, en semifinais da Copa de Mestres de tenis en cadeira

O vigués queda segundo na fase de grupos con dúas vitorias e medirase ao xaponés Tokito Oda por un posto na final do torneo que se disputa en China

En dobres tamén aspira ao título formando parella co neerlandés Ruben Spaargaren

Foto RFET Foto RFET
G24.gal 12/11/2025 11:45 Última actualización 12/11/2025 11:49

Martín de la Puente xa está entre os catro mellores na Copa de Mestres de tenis en cadeira de rodas, o torneo que reúne aos oito primeiros da clasificación internacional. O vigués, na súa quinta participación nesta cita de prestixio, completou unha fase de grupos brillante e clasificouse como segundo, o que lle permitirá disputar as semifinais fronte ao xaponés Tokito Oda, gran favorito ao título e actual campión paralímpico.

Pero a actuación de De la Puente non se limita ao cadro individual. Na proba de dobres, formando parella co neerlandés Ruben Spaargaren, tamén se mantén na loita polo título. A dupla, campioa de Wimbledon este ano, debutou con vitoria fronte ao xaponés Shogo Takano e o malayo Mohamad Yusshazwan, por 6-1 e 6-3. O seu próximo compromiso será ante os locais Shunjiang Dong e Zhenxu Ji, rivais que, a priori, non deberían impedir o seu pase á final. Alí poderían enfrontarse aos británicos Alfie Hewett e Gordon Reid, a parella máis laureada do circuíto.

Martín de la Puente xa sabe o que é levantar este trofeo: gañou a Copa de Mestres en dobres en 2022 e 2024. Agora, en Huzhou, busca redondear unha tempada excepcional cun novo éxito tanto en individual como en parella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar