Martín de la Puente, campión de dobres na Copa de Mestres
Martín de la Puente, campión de dobres na Copa de Mestres
Xunto co arxentino Gustavo Fernández gañou a final por 6-1 e 6-2
O tenista vigués Martín de la Puente proclamouse campión na Copa de Mestres de tenis en cadeira de rodas na modalidade de dobres. Xunto co arxentino Gustavo Fernández formou unha parella imparable e derrotaron aos neerlandeses Egberink e Spaargaren cun contundente 6-1, 6-2.
Malia xogar na casa (a Copa disputouse en Oss) a parella dos Países Baixos nada puido facer para un dúo cheo de confianza que chegaba despois de tres vitorias consecutivas. Hai que lembrar que estas dúas parellas se enfrontaron na primeira xornada da fase de grupos e aí a vitoria fora no tie break para os neerlandeses.
De la Puente, consolidado no Top10 do mundo, triunfa na modalidade de dobres e agarda dar o salto en invididuais á procura de gañar algún Grand Slam.