Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marqueta salva o empate para o Ourense C. F. nun partido con dominio do Polvorín

Marqueta salva o empate para o Ourense C. F. nun partido con dominio do Polvorín

O porteiro detívolle un penalti a David Rojo co 1-1

G24.gal 29/10/2022 20:02

Derbi intenso o disputado no Anxo Carro entre o Polvorín e o Ourense Club de Fútbol. Empate a un foi o resultado dun partido que abriu moi axiña o filial do Lugo. Aos sete minutos marcou Iago Novo. O Polvorín foi o mellor e dispuxo de moitas oportunidades pero o Ourense igualou antes do descanso. Marcou Rubén Sánchez cun colocado centro xute que superou a Julen.

No segundo tempo, o Polvorín tamén foi superior. Tivo a mellor opción nun penalti cometido sobre Idrissa Thiam. Marqueta detivo o lanzamento de David Rojo. Na última acción do partido, o filial puido conseguir a vitoria pero o disparo de Álex Ramos foise desviado. O Polvorín segue en posición de descenso e o Ourense suma a sétima xornada sen perder.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos