Cargando resultados...
Marisa García amosa a súa facilidade goleadora cun dobrete en Tenerife
O Deportivo Abanca impúxose por 0-4 e deixou boas sensacións noutro amigable de pretemporada
G24.gal
16/08/2025 22:53
O Deportivo Abanca continúa coa súa preparación para a Liga F. Gañou no campo do Tenerife, tamén da máxima categoría, por 0-4.
A xogadora máis destacada foi a dianteira cedida polo Real Madrid Marisa García que marcou dous goles. O primeiro da súa conta cun remate de cabeza nunha falta sacada por Elena Vázquez e o segundo cun gran remate desde a frontal. Polo medio anotou Barth e culminou a goleada Ainhoa Marín.