Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mario Soriano: "Oxalá estea toda a vida aquí no Dépor"

Mario Soriano: "Oxalá estea toda a vida aquí no Dépor"

O xogador madrileño, renovado ata 2028, regresa "moi contento" tras a súa cesión no Éibar

G24.gal 10/07/2024 11:52 Última actualización 10/07/2024 11:57

Mario Soriano foi a única cara nova no regreso aos adestramentos do Deportivo na pretemporada 24-25.  Tras renovar ata 2028, o futbolista mostrouse moi contento de retornar ao Deportivo.

"Quería volver, a idea é seguir crecendo xuntos; oxalá que siga toda a vida aquí", destacou. O xogador non é alleo á gran competencia que vivirá no seo do vestiario branquiazul.

"Hai xogadores moi bos e iso vaille vir ben ao equipo e ao técnico, que terá dúbidas", dixo.

"Xa estou con ganas de empezar, a Segunda División é longa e moi difícil, pero temos bo equipo; ao final o que marca a diferenza son os detalles", agregou.

Está agradecido ao Éibar pola oportunidade que lle brindou para actuar no fútbol profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade