Cargando resultados...
Marilar Aleixandre: "Gran parte da miña literatura fala dos conflitos internos"
Marilar Aleixandre obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2022 por 'As malas mulleres'
A novela sitúase no cárcere de mulleres da Galera na Coruña do século XIX
G24.gal
05/11/2022 11:30
Na Coruña, na rúa Galera, houbo en tempos un cárcere que xa ninguén lembra. Un cárcere de mulleres, de malas mulleres, condenadas por unha sociedade en que escaseaban as oportunidades para elas. Marilar Aleixandre documentouse sobre este lugar e a relación con Concepción Arenal, a visitadora de prisións, e Juana de Vega e imaxinou unha novela que acaba de valerlle, a semana pasada, entrar no olimpo dos escritores galardoados do Premio Nacional de Narrativa.