Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mariano Barbacid: "É un problema seguir referíndonos ao cancro como unha única enfermidade"

Mariano Barbacid: "É un problema seguir referíndonos ao cancro como unha única enfermidade"

O descubridor do primeiro oncoxene participa en Santiago nun coloquio con alumnos de Bacharelato

Barbacid faloulles aos mozos dos avances nas terapias moleculares que xa permiten curar máis do 60 % dos cancros

G24.gal 18/03/2024 14:28

Mariano Barbacid, que no ano 1982 iniciou o camiño da investigación contra o cancro que trouxo ata os nosos días taxas de ata un case un 70 % de curación, está hoxe en Santiago. Faloulles a un grupo de bacharelato do colexio Peleteiro sobre a importancia das vocacións científicas. 

"Se hai algo que valoro na miña vida é que desfrutei sempre do meu traballo. Eu non vou traballar, vouno pasar ben ao laboratorio", dixo Mariano Barbacid, investigador do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas. 

Explicou que 40 anos despois de descubrir a orixe dos cancros en mutacións xenéticas xa non ten sentido referirnos a unha única enfermidade. 

"Aínda falamos de cancro en singular, e iso é un gravísimo problema. Coñecemos máis de 500 oncoxenes e o reto está en poder ter fármacos efectivos que poidan loitar contra tanta variedade", engadiu Barbacid. 

Moitas das doenzas oncolóxicas xa poden abordarse con terapias celulares, inmunoterapias e CAR-T, grazas aos logros dos investigadores. Segundo Marta Cardona, a Directora da Fundación CRIS contra o cancro a investigación queda moi curta de presupostos "e entón nós desde a sociedade civil tentamos completar os fondos".

Aos seus 74 anos, Barbacid segue a traballar incansable para descifrar o cancro máis difícil, o de páncreas, centrándose nunha mutación.

"Esta mutación está na cuarta parte de todos os tumores humanos, co cal imaxinen se mañá aparecese unha terapia que curase estes tumores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade