Cargando resultados...
Marian Mouriño reúnese con Medina Cantalejo para pedir explicacións polas arbitraxes
Na xuntanza, os representantes dos árbitros recoñeceron algúns erros
G24.gal
25/10/2023 18:49
Última actualización 25/10/2023 19:24
Marian Mouriño reuniuse hoxe co CTA (Comité Técnico de Árbitros) e con Medina Cantalejo durante unhas dúas horas e media.
O motivo: análise da situación, explicación, con vídeos e audios, das xogadas conflitivas que afectaron o equipo -aí recoñeceron algúns erros e xogadas que deixaron dubidas- e clarificar o seu funcionamento.
A reunión pediuse hai xa uns cuantos días para pedir explicacións polas arbitraxes e para entender mellor como valoran e actúan en determinadas xogadas.