Publicador de contidos

Publicador de contidos

María Solar, premio da Cultura Galega das Letras

María Solar, premio da Cultura Galega das Letras

A lista de premiados complétase con Almudena Fernández Fariña, Compañía Elefante Elegante, Asociación Galega de Empresas Musicais, Alfonso Zarauza, Espazo Lectura, Obradoiro de Gaitas Seivane e Festival EmigraSON 

G24.gal 16/10/2026 14:25

A nosa compañeira, a xornalista, escritora e responsable de Cultura da CSAG, María Solar, obtivo hoxe o Premio da Cultura Galega na modalidade das Letras. Un galardón que recoñece a excelencia creativa e a proxección cultural de Galicia.

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

A lista de premiados complétase con Almudena Fernández Fariña, na categoría de Artes Visuais; Compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, en Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural e Festival EmigraSON na categoría de Proxección Exterior.

​​​​​​Con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.  

Membros do xurado

Tamén formaron parte do xurado o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto López; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a secretaria do Consello da Cultura Galega, Paula Cabaleiro, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega e a directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, Concepción Pombo.

 

 

Tamén integraron o xurado a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; a directora da Fundación Pública Camilo José Cela, María Jesús Martínez, e a comisaria de arte Pilar Corredoira. Ademais, exerceu como secretaria Marta Bermúdez, xefa de servizo dos Centros Museísticos da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade