Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manuel Vizcaíno, presidente do Cádiz: "O Dépor non actuou como un equipo centenario"

Manuel Vizcaíno, presidente do Cádiz: "O Dépor non actuou como un equipo centenario"

Foto Estadio Deportivo
G24.gal 05/09/2022 14:20 Última actualización 05/09/2022 14:31

Manuel Vizcaíno, presidente do Cádiz, quixo dar a súa versión sobre o tema Lucas Pérez. Baixo o seu punto de vista, o Deportivo non actuou ben e ademais engadiu que non o fixon como "un equipo centenario".

Explicou que tiña claro que ao 27 de agosto non deixaría saír a Lucas Pérez;

"Non vin nos meus 20 anos de profesional un tío máis apaixonado de fútbol, máis profesional e con máis vergoña que Lucas Pérez. Xa quixera eu que con esa paixón, xogadores que hai cadistas na elite por todos os lados tivesen o agarimo ao Cádiz para facer o que Lucas podía facer co Dépor".

De feito, en canto ao caso Lucas Pérez, apuntou que houbo unha primeira conversación a finais de agosto: 

"Ao Deportivo, díxenllo ao director xeral. Aínda que agora non coñezo a ninguén do Dépor, son todos novos, os que están son de Abanca. Escribiume o 27 de agosto un director xeral e díxenlle ben claro como estaba o tema".

Engadiu: "Escribiume o 27 de agosto un director xeral e non volvín contestarlle a ningunha mensaxe. O Dépor non actuou como un equipo centenario nin como un equipo de elite que foi histórico".

Deixou claro que baixo o seu punto de vista: "Lucas Pérez o 27 de agosto non se ía ir do Cádiz, é un activo, un dianteiro top".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade