Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manuel Menéndez, técnico do Compostela: "Gústame xogar ben, pero o principal é gañar"

Manuel Menéndez, técnico do Compostela: "Gústame xogar ben, pero o principal é gañar"

Chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino de Luanco, en que o seu equipo logrou os seus obxectivos

G24.gal 07/06/2023 14:02 Última actualización 07/06/2023 14:08

Manuel Menéndez, novo adestrador da S. D. Compostela para a tempada 2023/24, foi presentado esta mañá. O técnico avilesino, gran coñecedor da categoría e con pasado no fútbol profesional como futbolista, firma por unha tempada no club branco e azul. Chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino de Luanco, nas que o seu equipo logrou os seus obxectivos mostrando un gran nivel de xogo.

"Gústame xogar ben, pero o principal é gañar".

Manel Menéndez é un técnico novo, que conseguiu deixar o seu sinal alá por onde pasou. Especialmente destacable foi o seu rendemento no Marino de Luanco as tres últimas tempadas, desenvolvendo un nivel futbolístico moi alto, nun equipo con selo propio, destacando a súa capacidade para competir en calquera campo cun fútbol moi vistoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos