Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Estremadura segue na 1ª RFEF con só 14 xogadores do filial: “Non nos rendemos”

O Estremadura segue na 1ª RFEF con só 14 xogadores do filial: “Non nos rendemos”

Os estremeños, en proceso de disolución, esperan un milagre

Os xogadores do primeiro equipo xa ficharon por outros clubs

G24.gal 21/01/2022 15:47

En Zona mixta falaron con Manu Mosquera, adestrador galego do Estremadura, no autobús de viaxe cara a Bilbao para xogar o que podería ser o seu último encontro polo proceso de disolución xudicial en que están inmersos

Unha última esperanza

O adestrador coruñés aínda espera que se poida solucionar a situación económica:

"Parece un paradoxo, pero os rapaces están superilusionados"

Só conta con xogadores do filial e nin sequera poderá esgotar os 5 cambios aos que ten dereito.

Comprende os que marcharon

A difícil situación económica fixo que, logo de levar seis meses sen cobrar nada, moitos marcharan.

"Só aguantamos os do corpo técnico, algún vive en Almendralexo e pode permitilo aínda, os demais, pois como podemos. Por suposto, comprendo que marcharan os xogadores do primeiro equipo, a situación era insostible"

En caso de disolución, os traballadores serían os primeiros en cobrar, pero é algo que non quere pensar:

"Nós temos asegurado, en principio ao cen por cento, o cobrar o que nos deben. Non é o mesmo caso dun cesamento ou dimisión, xa poderiamos fichar inmediatamente por outro club e da mesma categoría incluso"

"Si que che pasa pola cabeza algunha vez que acabe todo, pero ao segundo recuperas o ánimo e a ilusión e incluso sacas un sorriso na boca"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade