Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manifestación dos traballadores de Ence para esixir a permanencia da factoría

Manifestación dos traballadores de Ence para esixir a permanencia da factoría

Están á espera de que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre os recursos contra a anulación da prórroga da concesión

G24.gal 30/09/2022 21:12 Última actualización 30/09/2022 21:24

Os traballadores de Ence volveron ás rúas este serán para esixir a permanencia da fábrica de celulosa á beira da ría de Pontevedra baixo o lema "Por un futuro e traballo digno en Pontevedra".

Esta manifestación, que rematou na Subdelegación do Goberno, desenvolvese á espera de que o Tribunal Supremo se pronuncie sobre o primeiro dos recursos que se presentaron contra a sentenza da Audiencia Nacional que declarou nula a prórroga da concesión da pasteira en Lourizán. 
Co seu futuro sobre a mesa, os traballadores manifestaron este venres o seu desexo de seguir traballando en Pontevedra. Din que pechar unha empresa rendible é unha irresponsablidade e agardan que o Tribunal Supremo poña cordura e sensatez neste proceso. Ence leva parada dende xullo por mor da seca cun ERTE que afecta sesenta persoas ao día.  

"O que queremos e visibilizar a nosa situación, a nosa angustia. Levamos tres anos con esta mobilización. Facer esta manifestación masiva é unha maneira de visibilizar e de dicirlles aos maxistrados do Tribunal Supremo, estamos aquí, queremos unha resolución, unha resolución a favor",  di Ana Cedeira, presidenta do comité de empresa de oficinas de Ence.

"Agardamos que o Tribunal Supremo poña cordura, sentido común. A fábrica non só é unha fábrica. Hai moita xente en toda Galicia, do sector forestal, do transporte", afirma Manuel Rivas, presidente do comité de empresa de fábrica de Ence. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar