Publicador de contidos

Publicador de contidos

Man do Liceo no triunfo sobre o Igualada (5-1)

Man do Liceo no triunfo sobre o Igualada (5-1)

Vitoria cimentada nun gran primeiro tempo en que non se notou o desgaste europeo

G24.gal 26/03/2023 22:24

O Deportivo Liceo vai continuar na segunda praza da OK Liga tras derrotar o Igualada en Riazor por un claro cinco a un. Non tivo problemas o equipo coruñés para facerse co triunfo nun partido que quedou resolto na primeira metade.

Ao descanso chegouse cun tres a cero que foi insalvable para os cataláns. Pol Manrubia en dúas ocasións, Fran Torres, Álex Rodríguez e Bruno do Benedetto marcaron os goles dun Liceo que suma 53 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade