Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malia lograr o ascenso ante o Deportivo, Rubén de la Barrera non continúa no Albacete

Malia lograr o ascenso ante o Deportivo, Rubén de la Barrera non continúa no Albacete

O técnico galego tiña un ano máis de contrato

G24.gal 15/06/2022 11:40 Última actualización 15/06/2022 11:47

Uns días despois de conseguir o ascenso co Albacete a Segunda División, Rubén de la Barrera deixou de ser o adestrador do conxunto manchego. Cabe lembrar que eliminou o Deportivo na final do playoff en Riazor.

Como indica o Albacete no seu comunicado oficial: 

“Unha vez concluída a tempada e conseguido o obxectivo da mesma, o regreso a Segunda División, o Albacete Balompé e Rubén de la Barrera mantiveron ao longo do día de onte un longo encontro co obxectivo de analizar como discorrera a campaña e avaliar a situación presente e futura do equipo. A reunión, presidida en todo momento por un ton cordial e construtivo, concluíu coa decisión de ambas as partes de entender que o máis conveniente sería separar os seus camiños e poñer fin á etapa de Rubén de la Barrera no Carlos Belmonte”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade