Publicador de contidos

Publicador de contidos

Malestar entre algúns farmacéuticos pola xestión da regulación do prezo dos autotest

Malestar entre algúns farmacéuticos pola xestión da regulación do prezo dos autotest

Os colexios farmacéuticos valoran positivamente a decisión de fixar un prezo mínimo para os autotest de antíxenos

G24.gal 17/01/2022 15:04

Malestar entre algúns farmacéuticos pola xestión da regulación do prezo dos antíxenos. Tras a situación excepcional vivida durante o Nadal, os colexios profesionais avalían a medida e as súas consecuencias.

Os colexios farmacéuticos valoran positivamente a decisión de fixar un prezo mínimo para os autotest de antíxenos. De feito levaban tempo reclamando esta medida adoptada a semana pasada polo que a súa principal queixa é que chega tarde. Despois dun Nadal en que a oferta e a demanda do mercado foron as que regularon os prezos, agora moitos van ter que vender por debaixo do prezo de adquisición.

Por diante de calquera outra consideración, os farmacéuticos queren reafirmar o seu compromiso sanitario cos cidadáns asumindo o prezo fixado nos tests de antíxenos polo goberno. En moitos casos vailles supoñer perdas. Por iso pensan que a situación vivida no Nadal puido evitarse. A situación vivida no Nadal foi motivada polo normal funcionamento do mercado. 

Dende o sábado, por se queda algún despistado, non se poden vender por riba dos 2,94 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos