Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 6.000 denuncias por violencia machista nun ano en Galicia

Máis de 6.000 denuncias por violencia machista nun ano en Galicia

As denuncias por violencia machista en Galicia amentaron no último ano o 1,3 %

G24.gal 24/11/2021 14:35

As denuncias por violencia machista en Galicia amentaron no último ano o 1,3 %. Máis de 6.000 mulleres non aguantaron máis e deron o paso de denunciar no xulgado. Isto supón para a vítima meterse nun proceso que non é doado, como recoñece a representante de avogadas e avogados de Galicia, pero en que ten apoios.

Pilar López Guerrero, presidenta do Consello da Avogacía Galega: "A avogacía está especializada na quenda de oficio en temas de violencia de xénero. É dicir, o avogado ou avogada que estea con ela ten unha formación específica, constante e continua neses temas e está na quenda voluntaria por empatía e solidariedade con estes temas. Porque destes procesos sáese, pero son longos, son dolorosos".

A lexislación galega acaba de dar un paso relevante na loita contra todas as violencias contra a muller ao incorporar a que se efectúa mediante a tecnoloxía dixital. A voceira dos avogados valora a iniciativa e o consenso na súa aprobación.

Di Pilar López: "Ese acordo dos tres partidos do Parlamento de Galicia para min é algo marabilloso. É unha mostra de exercicio de responsabilidade polo cal felicito os tres partidos".

Pilar López incide na mensaxe ás vítimas de que o sistema está con elas e por tanto facer a denuncia é vital para parar a violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade