Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 3.350 ourensáns recibirán a vindeira semana a cuarta dose

Máis de 3.350 ourensáns recibirán a vindeira semana a cuarta dose

Vanse administrar nos hospitais de Ourense, Verín e O Barco

Afluencia masiva na primeira xornada 

G24.gal 19/02/2022 18:51

3.359 persoas van recibir ao longo da vindeira semana a cuarta dose da vacina contra a COVID na área sanitaria de Ourense, que inclúe os hospitais de referencia de Verín e O Barco de Valdeorras. A administración das doses comezou este sábado na cidade das Burgas onde había 150 veciños citados que acudiron case nun 100%. Trátase de persoas que, polo seu historial sanitario, supoñen un grupo de risco moi elevado.

Malia ser a cuarta dose que reciben no prazo dalgo máis dun ano, os asistentes ao centro de vacinación amósanse convencidos da necesidade destas doses de reforzo e máis nos seus casos, con problemas inmunolóxicos que os fan máis sensibles ao virus.

O domingo vai continuar, en xornada matinal, a administración da cuarta dose nos hospitais de Ourense, Verín e O Barco a un total doutras 190 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade