Máis da metade da poboación descoñece os conceptos básicos de educación financeira
Saberían vostedes explicar as diferenzas entre un depósito ou un fondo, ou explicar que é a inflación?
Os estudos din que a educación financeira dos españois está por debaixo da media dos países da OCDE
A falta de información lévanos a cometer erros como acumular débeda innecesaria, sobre todo en tarxetas de crédito, investir sen saber e asinar condicións bancarias sen entendelas.
Os conceptos básicos máis descoñecidos son a inflación, a diferenza entre tipos de xuro ao asinar unha hipoteca ou entre fondo e depósito.
Un 92 por cento da poboación considera que a educación financeira debería impartirse desde a escola.
Sería útil para saber facer a declaración da renda, comprar un inmoble, investir en accións e, o máis importante, non caer en estafas e enganos.