Fortes restricións para os non inmunizados en Alemaña, que imporá a vacinación obrigatoria
Os non vacinados só poderán saír de xeito limitado con persoas de fóra do seu núcleo familiar
Volverá ser obrigatorio o uso da máscara na escola

Alemaña anuncia que fará obrigatoria a vacinación contra a covid para toda a poboación a partir do mes de febreiro.
Mentres tanto, o Goberno extrema as restricións para os cidadáns que non estean inmunizados, que quedarán practicamente illados.
Non poderán entrar a ningún lugar público salvo para mercar comida ou medicinas. É dicir, quedan vetados nos restaurantes, no comercio e en calquera actividade social ou lúdica. Tamén se lles prohibe reunirse con persoas de fóra do seu núcleo familiar.
As medidas inclúen o peche do ocio nocturno a partir dunha incidencia acumulada de 350 novos contaxios por cen mil habitantes así como restricións a eventos públicos e contactos, sobre todo, para os non vacinados. Os encontros privados de persoas vacinadas quedará reducido a 50 en interiores e 200 en exteriores.
Tanto no ocio como no comercio só poderán acceder curados ou vacinados e poderase pedir adicionalmente un test negativo.
Nas escolas volverá ser obrigatorio o uso da máscara.
En Alemaña hai uns 14 millóns de adultos sen vacinar e a pandemia está alcanzando cifras récord no país.