Publicador de contidos

Mónica Fernández-Aceytuno: "Galicia está a tempo de facer unha transición enerxética modelo"

Mónica Fernández-Aceytuno: "Galicia está a tempo de facer unha transición enerxética modelo"

A divulgadora Fernández-Aceytuno pide unha transición xusta que escoite a veciñanza

G24.gal 07/11/2021 14:33

Galicia está a tempo de facer unha transición enerxética modelo. A clave é que sexa unha transición xusta que escoite a veciñanza. Hai que xestionar a nosa riqueza desde aquí. Así o cre a escritora e divulgadora da natureza Mónica Fernández-Aceytuno.

"Equivocámonos se entregamos a auga, os montes, o vento, o sol e os recursos naturais para os próximos 30 anos a catro persoas. É o ben común, o ben de todos os galegos".

Esta defensora do patrimonio natural e cultural dos montes do Gato recórdanos que hai 275 parques eólicos pendentes de aprobar, e insiste en que a urxencia enerxética non pode confundirnos.

"Non poñer un aeroxerador que teña aspas, poñelo onde non afecte a pesca, os caladoiros, a paisaxe e o patrimonio cultural, e, por suposto, que todo o que se produza quede en Galicia".

Fernández-Aceytuno teme que aínda falta sensibilidade e información.

"Estamos nun momento de inocencia clamorosa. Hai milleiros de persoas en Galicia que non saben que lles vai pasar unha liña de altísima tensión".

Xunto con outras defensoras da natureza, pediulle amparo á Unesco, que acaba de propoñer que as actuacións industriais nas reservas da biosfera estean avaladas antes por un informe.

"Imos liderar desde Galicia a conservación da biodiversidade de todas as reservas da biosfera de España por facer esa reclamación desde aquí".

Publicidade
Publicidade
Publicidade