Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luz verde para licitar a obra do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña

Luz verde para licitar a obra do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña

Poderían aduxicarse este mesmo mes

Permitirá liberar a cidade do tráfico pesado de mercadorías

 

 

G24.gal 15/02/2022 14:30

Luz verde para licitar a obra do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña. 

A construción do enlace a Punta Lagosteira financiarase ao cen por cento, son 171 millóns de euros, a cargo dos fondos Next Generation a través do Ministerio de Transportes.

O proxecto comprende a construción de tres ramais, o primeiro que se executará será o da zona norte. A Autoridade Portuaria aprobaba esta maña o proxecto no consello de administración.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, di que un paso moi importante, o último previo á licitación das obras. Hoxe temos un fito moi importante grazas á insistencia da Xunta de Galicia e do seu presidente que conseguiu o compromiso do ex-ministros Ábalos de financiar as obras de Punta Lagosteira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade