Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luka Brajkovic completa o xogo interior do Breogán

Luka Brajkovic completa o xogo interior do Breogán

G24.gal 06/08/2022 12:26 Última actualización 07/08/2022 19:31

Segundo informaron os compañeiros de Ao contraataque, da Radio Galega, o pivote austríaco Luka Brajkovic completará o xogo interior do Breogán. 

As últimas catro temporadas estivo na NCAA xogando para os Davidson Wildcats no que se converteu no seu referente baixo os aros. A última temporada promediou 14'4 puntos e 7'1 rebotes. 

Mide 208 pero ten boa man no lanzamento exterior tal e como demostra o 41 % que acreditou a temporada pasada nos tiros de tres puntos. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade