Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luismi: “Estar líderes é moi positivo, pero non tocamos o noso teito”

Luismi: “Estar líderes é moi positivo, pero non tocamos o noso teito”

O atacante destaca que o Dépor aínda ten unha ampla marxe de mellora a pesar de estar á fronte da táboa

G24.gal 19/11/2025 13:26 Última actualización 19/11/2025 14:18

O Deportivo atravesa unha nova semana doce despois do seu triunfo en Córdoba (1-3). O equipo coruñés acumula tres vitorias consecutivas que o sitúan á fronte da clasificación nun momento positivo, tras deixar atrás a mala serie de resultados do mes de outubro.

Luismi Cruz valora positivamente o tramo de competición que vive o equipo, que á súa vez é un momento individual que o estivo levando a participar desde o banco, ata a súa volta ao once o pasado domingo en Córdoba.

O futbolista gaditano analizou o estado do Dépor e o seu a nivel persoal:

“Atopámonos moi ben. Traballamos de forma positiva e estamos moi contentos co que facemos diariamente. Sempre é bonito verse aí arriba na clasificación, pero agora mesmo é anecdótico. Hai que seguir traballando”.

O equipo está líder pero cre que hai marxe de mellora.

“Estar líderes é positivo, pero non tocamos o noso teito. O equipo ten moita marxe de mellora e traballamos para atopar nosa mellor versión tanto a nivel individual como colectivo”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade