Luis Rubiales: "Teño unha grande indignación por todas as falsidades"
Sobre o pagamento de comisións: "A RFEF nin pagou, nin paga, nin pagará un euro de comisión por esta operación"
O presidente da RFEF, Luis Rubiales, expresou a súa "grande indignación por todas as falsidades e teño un enfado porque se están priorizando as falsidades e non o problema real que é que me substraeron información do móbil".
Asegurou que as informacións publicadas por El Confidencial sobre o contrato para xogar a Supercopa en Arabia Saudita "está desfasado".
Tamén se referiu ao pagamento de comisións a Piqué:
"Dixémoslles moi claramente (a Kosmos) que a relación económica non a ían ter coa Federación. Calquera comisión será de Kosmos con Arabia Saudí. A RFEF nin pagou, nin paga, nin pagará un euro de comisión por esta operación".
O presidente da RFEF referiuse ao conflito ético de xogar en Arabia
"Antes de ir nós non había nin baños para as mulleres nos campos. Con nós entraron en igualdade. Iso conseguiuno a RFEF"