Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Enrique: "O equipo non caerá na autocompracencia. O partido con Alemaña é coma unha final"

Luis Enrique: "O equipo non caerá na autocompracencia. O partido con Alemaña é coma unha final"

Anunciou que non repetirá aliñación ante os alemáns

G24.gal 25/11/2022 12:06 Última actualización 25/11/2022 12:16

O gran rendemento do equipo titular co que a selección española comezou o Mundial de Qatar 2022, cun histórico 7-0 a Costa Rica, non provocará que Luis Enrique repita aliñación no duelo da segunda xornada ante Alemaña.

"O equipo non caerá na autocompracencia. O partido é como unha final"

"Dificilmente repito un once mesmo nos equipos. Seguramente haberá algún cambio ou algúns porque vexo adestrar tan ben a todos os xogadores que poderían xogar con total garantía de que poden render", dixo o seleccionador español no seu directo de Twitch, no que alcanzou 619.000 seguidores.

"Hoxe analizamos a Alemaña. Non vexo os partidos en directo, pero logo analizámolos horas. Temos en conta situacións e buscamos os xogadores que están en mellor forma segundo adestramentos e atendendo as sinerxías positivas", engadiu.

Luís Enrique destacou o rendemento de Gavi e destacou que "é incrible o que fai" con 18 anos, e o momento de forma que protagoniza Marco Asensio:

"Mostra unha calidade individual fose de toda dúbida. É un xogador top mundial". "Vexo a Marco na mesma liña que na anterior participación (na selección). Había participado pouco no seu club e antepuxemos o que mostrara en anteriores concentracións porque practicamente non xogaba nada. Agora si o fai no seu club e matizamos no que queriamos que mellorase o seu nivel. Fíxoo", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos