Lugo-Burgos, un partido especial e con historia familiar
Tito Valdés e Gelucho, sogro e xenro, defenderon cadansúa camiseta
Este Lugo-Burgos converteuse nun asunto de familia entre o sogro, Tito Valdés, vella gloria do Burgos dos 70 e Gelucho, antigo xogador do Lugo de finais dos 90. Os piques entrambos recrudecéronse durante a semana.
Valdés. Ex xogador do Burgos C.F: "Discutir sempre discutimos de algo, de fútbo, porque eles entenden moi pouquiño".
Gelucho. Ex xogador do C.D. Lugo. "Sempre estamos moi pendentes do que fai o Burgos por todo o que supón para Tito, pero eu xoguei no Lugo e vou co Lugo".
Valdés é o xogador do Burgos con máis partidos e máis goles en Primeira. De feito, o premio o máximo goleador do equipo leva o seu nome, o que nos da unha idea da pegada que deixou no equipo burgalés co que participou de vitorias históricas ante o Real Madrid, o Barcelona ou o Atlético de Madrid.
Gelucho pola súa parte marcou 15 goles nas súas dúas temporadas no Lugo.