Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucas Díaz volve a Galicia para loitar pola portería do Rácing

Lucas Díaz volve a Galicia para loitar pola portería do Rácing

O ex porteiro do Lugo e Compostela xogou todos os minutos da temporada pasada no Fuenlabrada

G24.gal 31/07/2025 21:46

O porteiro galego Lucas Díaz incorpórase ao Rácing de Ferrol. Loitará con Parera e César Fernández por ocupar a titularidade do cadro da Malata. Lucas, formado no Compostela, tamén xogou no Lugo hai dúas temporadas. O ano pasado marchou ao Fuenlabrada. Non puido evitar o descenso pero completou o pleno de minutos do campionato. 

Vai completando o plantel o equipo de Pablo López ao que aínda lle quedan varias pezas por fichar, sobre todo na zona de ataque onde precisa reforzos. Do ano pasado o único xogador que se mantén é Gelardo e o director deportivo Álex Vázquez traballa arreo para chegar á última fin de semana de agosto, data na que comeza a competición, co cadro definido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade