Publicador de contidos

Publicador de contidos

Louzán, sobre a candidatura de Vigo: "A última palabra é da Fifa"

Louzán, sobre a candidatura de Vigo: "A última palabra é da Fifa"

O presidente da RFEF estivo en Santiago en un encontro con xornalistas en plena resaca da clasificación celeste para Europa

G24.gal 27/05/2025 15:02 Última actualización 27/05/2025 15:09

A Rafael Louzán non lle fan falta desculpas para deixarse caer por Galicia. Sexa para un partido da Liga da costa unha entrega de premios ou un encontro con xornalistas en plena resaca da clasificación celeste para Europa.

"Ilusionaron a Galicia e debe servir para ter miras máis altas das que tiña agora".

Sen saír de Vigo, e sen escaparlle á polémica co Concello pola exclusión de Balaídos como sede do Mundial 2030, Rafael Louzán manda á FIFA o balón da decisión final.

"O diálogo ten que levarnos a lograr o obxectivo. A última palabra é da Fifa e decidirá en base ás 11 propostas que hai... e Valencia e Vigo".

"É un longo percorrido, hai que traballar da man".

A presenza de Louzán en Galicia coincide co final da tempada e a confirmación dos equipos galegos que o vindeiro ano xoguen na Primeira RFEF. Unha liga que falará moito galego.

"Podemos ter ata once equipos galegos nas dúas primeiras ligas do fútbol territorial".

Mentres Louzán estaba en Galicia, De la Fuente daba a saber a lista para a fase final da Nations League na que España ten que xogar contra Francia por un posto na final. Alí agardan Alemaña ou Portugal, e alí confía en chegar o presidente da Federación Española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade