Publicador de contidos

Publicador de contidos

Loureiro: "O Rácing ten algúns dos futbolistas máis determinantes da categoría"

Loureiro: "O Rácing ten algúns dos futbolistas máis determinantes da categoría"

O xogador de Cerceda dixo que, pese ao último tropezo, o Dépor está a demostrar ser “un equipo moi forte”

G24.gal 16/10/2025 12:43 Última actualización 16/10/2025 12:50

Miguel Loureiro, defensa do Deportivo da Coruña, pediu este xoves pasar páxina tras a dura derrota ante o Málaga (3-0) porque o vindeiro domingo teñen outro partido moi importante ante o Racing de Santander, un rival “moi perigoso, con futbolistas dos máis determinantes da categoría”.

“Será moi importante ir aos detalles dos que sempre fala o míster. Eles son capaces de ocupar posicións, de quedar descolgados, detectan moi ben as debilidades do rival, por iso será un partido de estar moi concentrados”, avisou nunha conferecia de prensa.

Neste sentido, sinalou que unha das claves para reencontrarse co triunfo no Sardinero pasará por “estar moi encima” dos futbolistas do Racing para que “non teñan tempo para pensar” porque, ao seu xuízo, cando o teñen “son capaces de atacar as costas da liña defensiva con cortes doutros compañeiros”.

“Na parte de arriba, sobre todo, teñen moitos recursos e moi diferentes, por iso haberá que atopar o equilibrio e a solidez para controlar todas esas situacións que adoitan xerar”, subliñou o exfutbolista do Huesca.

Loureiro dixo que, pese ao último tropezo, o Dépor está a demostrar ser “un equipo moi forte”, con “unha chea de armas ofensivas” e moita capacidade para facer dano ao rival.

“Imos a Santander tentar conseguir os tres puntos”, destacou o futbolista galego, quen admitiu que en Málaga non asinaron o seu “mellor partido” a nivel defensivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade