Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lorenzo Amor, presidente de ATA: "Os autónomos non teñen que ter medo do novo sistema de cotización"

Lorenzo Amor, presidente de ATA: "Os autónomos non teñen que ter medo do novo sistema de cotización"

Lorenzo Amor tamén deu por bo que, co novo sistema, siga en vigor unha tarifa baixa para as persoas que se fan autónomas

G24.gal 02/01/2023 09:11

A asociación ATA afirma que os autónomos non deben terlle medo ó novo sistema de cotización, que entrou en vigor ao empezar o ano.

O presidente de ATA, Lorenzo Amor, recordou no Galicia por diante que só as rendas máis altas terán que pagar máis que ata agora, pero en calquera caso moito menos do que pretendía subirlles o Goberno.

"Os autónomos non teñen que ter medo. A inmensa maioría dos autónomos van pagar menos do que viñan cotizando agora. Practicamente a metade dos autónomos vai pagar menos. O 20 por cento vai pagar igual que o que viña facendo e apenas un 25 ou 28 por cento vai pagar algo máis pero ese algo máis que vai pagar non ten nada que ver co que nos propoñía o Goberno hai un ano, que estaba arredor dos 1.300 euros ao mes e ao final quedou en 500 euros".

Lorenzo Amor tamén deu por bo que, co novo sistema, siga en vigor unha tarifa baixa para as persoas que se fan autónomas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade