Publicador de contidos

Publicador de contidos

López Acuña agoira que en dous meses a ómicron será a variante dominante

López Acuña agoira que en dous meses a ómicron será a variante dominante

O exdirectivo da OMS avisa de que a elevada incidencia de España implica fondo risco de contaxio en actividades que se favorecen nas aglomeracións

G24.gal 11/12/2021 10:31

O que fora director de Asistencia Sanitaria en Situacións de Crise da OMS, Daniel López Acuña, prognostica nunha entrevista no Galicia por Diante fin de semana da Radio Galega que a variante ómicron será a dominante no prazo dun ou dous meses.

"Debemos de pensar nun escenario onde a ómicron se constitúe na variante dominante, non de inmediato pero si no marco dun mes a dous meses, desprazando a predominancia que no caso de Europa ten a variante delta e a delta plus".

Respecto á situación actual en España, López Acuña fala de "fondos riscos de contaxio en actividades" que se ven favorecidas polas aglomeracións. De feito, pensa que no Nadal se podería chegar aos catrocentos ou cincocentos casos de incidencia a catorce días por cen mil habitantes. O experto da OMS bota en falta unha "política anticipatoria" e entende que deberan tomarse medidas antes. Para frear a situación actual apunta a pechar o ocio nocturno de novo como se fixo en Francia. 

"A soa incidencia de 323 xeral para todo o país é moi alta e isto implica que hai fondo risco de contaxio nas actividades desprotexidas que están moi potenciadas por aglomeracións (...) aí é onde temos o gran problema". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade