Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan o cadáver dunha muller aboiando no encoro da Rúa

Localizan o cadáver dunha muller aboiando no encoro da Rúa

G24.gal 27/05/2023 19:51 Última actualización 27/05/2023 19:57

O corpo sen vida dunha muller foi atopado esta tarde aboiando no encoro da Rúa, nas proximidades da depuradora do municipio ourensán.

Foi un particular o que avisou o 112 Galicia sobre as 17:30 horas de que se vía flotar o corpo dun home no encoro da parroquia da Rúa de Valdeorras, pero despois do rescate os efectivos de emerxencia confirmaron que se trataba dunha muller.

Desde o 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, que mobilizou os membros do grupo acuático ata o lugar dos feitos para recuperar o corpo.

O operativo foi completado polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polos axentes da Garda Civil e da Policía Local, ademais de polos efectivos de Protección Civil da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade