Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan na casa, logo de horas de busca, un home que desaparecera no mar en Vilanova de Arousa

Localizan na casa, logo de horas de busca, un home que desaparecera no mar en Vilanova de Arousa

Chamaron ao 112 avisando de que alguén se metera no mar e se lle perdera o rastro

Activouse un gran dispositivo de rescate por terra, mar e aire para buscalo

G24.gal 22/05/2024 14:40 Última actualización 22/05/2024 15:07

O ruído do helicóptero e do resto de dotacións de Salvamento, Policía e Protección Civil que se concentraron na praia do Preguntoiro pasadas as once da noite alertaron os veciños desa zona de Vilanova de Arousa. A razón da alarma foi unha chamada ao 112 avisando de que unha persoa se metera no mar e se lle perdera o rastro. 

Finalmente o dispositivo suspendeuse sobre as dúas da mañá, unha vez que a policía logrou confirmar que o suposto desaparecido estaba a salvo na súa casa, conta Francisco Javier Guillán Busto, o xefe do Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía.

No amplo dispositivo de busca participou ata unha lancha de Vixilancia Aduaneira No amplo dispositivo de busca participou ata unha lancha de Vixilancia Aduaneira

Esta mañá, os efectivos de emerxencias celebraban que esta vez todo acabase ben e poñían a punto os equipos para actuar de novo sempre que faga falta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade