Publicador de contidos

Publicador de contidos

Licores, coitelas de afeiteado, aceite e polbo conxelado, os produtos que máis rouban nos supermercados galegos

Licores, coitelas de afeiteado, aceite e polbo conxelado, os produtos que máis rouban nos supermercados galegos

O aceite, especialmente o de oliva, é o produto máis roubado en España

As subtraccións causan perdas millonarias ao ano en supermercados e hipermercados españois

G24.gal 07/03/2024 13:17

A suba dos prezos da cesta de compra fai que cambien as preferencias dos ladróns para roubar no supermercado. Agora o máis roubado en oito comunidades autónomas é o aceite de oliva. Os ladróns teñen preferencias, segundo a comunidade autónoma onde operen. En Galicia, como en Asturias, rouban polbo. En Cataluña, berberechos e en Madrid, chocolate.

Nos supermercados non hai ningún día en que non se dean furtos. "Porque todo está moi caro." "Eu creo que moitas veces si que se pode pagar, pero prefiren collelo 'gratis'".

O aceite, especialmente o de oliva, é o produto máis roubado en España. "Co prezo que leva e sendo un produto de primeira necesidade é fácil que a alguén se lle vaia a man".

Pero, segundo un baremo realizado por unha empresa de sistemas antirroubo, hai preferencias segundo as comunidades autónomas. Así, en Galicia o artigo que máis rouban son os licores. 

Despois dos licores, as coitelas de afeiteado seguidas do aceite, os ibéricos e o chocolate. Como curiosidade: aquí e na veciña Asturias somos moi amigos de non pasar pola caixa o polbo conxelado. "Que rouban o polbo? Pois polo menos rouban con estilo".

Nas grandes superficies, con maior investimento en seguridade, téñeno máis fácil que no pequeno comercio. Arbolita López Simón, que rexenta un supermercado, di que lle rouban moitas veces e que se sente impotente. 

As subtraccións causan perdas millonarias ao ano en supermercados e hipermercados españois. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade