Publicador de contidos
Publicador de contidos

Leria: catro novísimas do indie-pop en galego

Leria: catro novísimas do indie-pop en galego

Leria son May (guitarrista e cantante), Andrea (teclado e coros), Hele (batería e coros), e Itzi (baixista e coros)

O 19 de maio tocan no Corufest e o 7 de xuño, na Praza da Tolerancia, na Coruña

G24.gal 15/05/2024 13:38 Última actualización 15/05/2024 16:51

Hai dous anos catro amigas comezaron tocando nas rúas da Coruña e axiña as chamaron para actuar en locais da cidade. De aí, festivais e recoñecementos. O seu é un estilo  indie galego, pero como din elas mesmas, fan o que lles peta.

Leria tocan o domingo no Corufest, e ollo, porque son finalistas na categoría de Artista Emerxente no Premios Martín Códax que se entregan esta noite. Chulita ben é o seu último videoclip, forma parte de do seu primeiro disco, Marusía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade