Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lendoiro: "A Fernando Vázquez non lle recoñeceron os seus méritos no Deportivo"

Lendoiro: "A Fernando Vázquez non lle recoñeceron os seus méritos no Deportivo"

Co gallo dos 50 anos da fundación do Liceo, o expresidente repasou a actualidade

G24.gal 13/04/2022 16:04

Augusto César Lendoiro pasou por Zona mixta e falou non só dos 50 anos do Liceo, senón que conversou sobre o pasado, presente e futuro do Deportivo.

Martinazzo e Caramés, historia do Liceo

"Ao primeiro, o Liceo tiña xogadores da Coruña... logo foise armando un grande equipo"

"Xa me gustaría ter en fútbol un adestrador como foi Caramés no hóckey"

"A idea de fundar o Liceo foi de Javier Chaver. Eu empecei como secretario. Eu, que 'patinei' moitas veces, nunca puxen uns patíns, pero meu pai si era afeccionado ao hóckey e xa daquela había certa afección na Coruña"

Un tiro ao aire para o ascenso do Dépor

"Para o Dépor o play off é como a ruleta rusa"

"Eu ao principio pensaba que o Dépor ía coller aínda máis vantaxe na clasificación. Pero agora un mal día, unha mala arbitraxe, mala sorte... pode deixarte sen ascender. Eu seino ben, que sei o que é perder unha liga por un penalti no último minuto"

Fernando Vázquez, inxustamente tratado

"A Fernando Vázquez non lle recoñeceron os seus méritos no Dépor"

"Fomos buscalo nos momentos máis difíciles e a segunda vez creo que se tomaron con el unhas decisións lamentables"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar