Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lección de cociña creativa, saudable e sostible no colexio do Grove

Lección de cociña creativa, saudable e sostible no colexio do Grove

Javier Olleros fai crocantes de algas con salsa de cabaza para os escolares do CEIP As Bizocas 

O chef con dúas estrelas Michelín ensínalles tamén o que cultiva na horta do seu restaurante 

A actividade forma parte do proxecto pedágoxico do centro arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

G24.gal 08/05/2023 14:33 Última actualización 08/05/2023 15:17

Javier Olleros está afeito a explicar e ensinar o que fai en moitos auditorios, pero esta vez puxo especial fincapé en que a intervención estivese á altura do seu público, os escolares do CEIP As Bizocas do Grove. 

Amais de tentar seducilos coa súa receita de algas crocantes con salsa de cabaza a modo de ketchup, o recoñecido chef e o responsable da horta do seu restaurante Culler de Pau explicáronlles aos pequenos como cultivan moitos dos produtos cos que cociñan. E para que a lección lles quedase ben aprendida, cos máis pequenos, aplicaron a pedagoxía do contacto directo cos elementos.

"Interésanos contar como vivimos, como formamos parte dun ecosistema e que é divertido curiosear nesa diversidade e cociñar diferente".

A lección práctica do recoñecido chef forma parte do proxecto pedagóxico do Colexio das Bizocas que xira arredor dos obxectivos de desenvolvemento sostible. Pretende sobre todo amosarlle ao alumnado a importancia dunha alimentación saudable e ligada a súa zona, explica Anxos Piñeiro, a directora do centro. 

Propician que os escolares perciban directamente a textura e os aromas das plantas Propician que os escolares perciban directamente a textura e os aromas das plantas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade